De paseo por un ecosistema único
O río Artes, tamén coñecido como Sanchanás ou Arlés, ten un extenso paseo fluvial para gozar plenamente da natureza ata a súa desembocadura na lagoa de Carregal (dentro do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán). Ao seu paso, desde o seu nacemento na aldea de Artes na Serra do Barbanza, o río crea unha fermosa paisaxe, con vexetación de ribeira e tradicionais muíños, ata a lagoa, un ecosistema único en Galicia.
Preto deste paseo atópanse tamén algúns dos tesouros imprescindibles da comarca, como o Dolmen de Axeitos, o Museo Etnográfico ou o lavadoiro de Portochouzo, símbolo da tradición das aldeas da zona, ao redor do que se configuraba parte da vida social do lugar.
RECORRIDO: (ida e volta) 16 km (4 horas)
DIFICULTAD: media-baixa