Acompañando por terra a chegada do Apóstolo a Galicia, que navegou a Ría de Arousa e o Río Ulla, constituíndo así a ORIXE da tradición Xacobea.
O nome deste camiño a Santiago “a Orixe”, fundaméntase no relato da chegada do Apóstolo a Galicia dende Terra Santa. Conta que os discípulos de Santiago o Maior, Teodoro e Anastasio, trouxeron o seu corpo nunha barca de pedra e a singradura finalizou navegando augas arriba pola Ría de Arousa e o Río Ulla.
Diversas evidencias, como a existencia de varios hospitais así como diferentes elementos heráldicos, a proliferación das imaxes de Santiago e máis de 200 fitos relacionados coa tradición xacobea (cruceiros, igrexas, conventos,…) poñen de manifesto a existencia dun antigo Camiño Xacobeo durante o medievo que por terra foi seguindo o periplo do Apóstolo polas augas da nosa ría.
Hoxe en día, o trazado do Camiño de máis de 120 km comeza no Faro de Corrubedo e, a través de 5 etapas que percorren os concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Dodro e Padrón, chega ata Iria Flavia onde enlaza co Camiño Portugués para acabar na Praza do Obradoiro, a os pés da catedral.
A “Asociación Amigos del Camino de Santiago del Barbanza y Sar. El Origen” levou a cabo durante anos unha intensa labor de investigación e posta en valor para recuperar este Camiño de Santiago que antigamente percorría O Barbanza.