Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital
No medio da paisaxe natural da parroquia de Artes levántase este proxecto-sede da Fundación Museo de Artes para a colección, catalogación, estudo e difusión da arte gráfica dende as súas orixes. Esta estruturado en dúas áreas principais, o denominado Gabinete de Estampas e tres salas de exposicións abertas ao público, ademais de biblioteca e sala de conferencias. Os seus fondos reúnen decenas de miles de estampas ordenadas por escolas (flamenca, española, italiana, alemana…) e recompilan as técnicas artísticas dende o século XV ata a actualidade, con gravados orixinais, gravados sobre placas orixinais realizados posteriormente ou reproducións facsimilares. A colección amosa sinaturas tan importantes como Goya, Dalí, Laxeiro, Picasso, Rubens, Van Dick ou Nóvoa.