Realizouse un traballo de recuperación dun lavadoiro construido nos anos 40 con máis de 30 metros de longo á vez de que se fixo unha posta en valor dun espazo público singular ata o momento en desuso.

RECUPERACIÓN como ESPAZO de RELACIÓN SOCIAL: ESPAZO DA MULLER

Os espazos dos lavadoiros tiveron unha doble función na Galicia rural: unha inmediata como lugar de acceso á auga corrente onde lavar cando aínda non existía o suministro extensivo de auga; e unha segunda como espazo de relación entre as mulleres do entorno.

Tradicionalmente, o lavadoiro foi un espazo exclusivo da muller e un lugar de relación entre as veciñas. Un ámbito onde o home non tiña cabida e onde as mulleres do lugar se relacionaban fóra do seu ámbito familiar. O lavadoiro existe como un espazo de relación social, pero á súa vez un espazo único de exclusividade femenina e por iso, un lugar de especial valor antropolóxico

A proposta de recuperación, co deseño dunha grada en “V”, pretende ese carácter de espazo de relación cunha actuación que fomente dalgún a interacción entre as persoas que o visiten, pero á súa vez, tamén promove a interacción co entorno onde se percibe a tranquilidade e certa soidade como é o bolo de pedra xusto enfrente da grada.

O ENTORNO

O lavadoiro emprázase no inicio do paseo fluvial do río Artes. Un espazo definido por unha paisaxe de carácter rural. A proposta de intervención promove a recuperación do lavadoiro como un lugar onde a auga circulante do río sexa a protagonista, dándolle ao entorno unha dimensión social pero tamén de reflexión, onde a presenza dunha corrente sosegada auga de 30 metros de lonxitude á sombra de árboles autóctonas, permita un estado de percepción diferente.

MATERIAIS

O material básico da intervención é o granito silvestre do Barbanza dunha canteira situada a escasos 15 km do lugar e que permiteu realizar unha proposta sostible, un material de nulo mantemento e de fácil reciclaxe, pero á vez coa capacidade que ten a pedra de transmitir unha certa idea de eternidade e quizá, por iso, de sosego.

PREMIOS

2021. Bienal Española de Arquitectura y Urbanismo. Finalista Categoría Arquitectura y Urbanismo. Lavadoiro de Artes