Unhas antigas instalacións restauradas a un paseo do Parque Natural

Aos muíños do río Amendo chégase a través dunha das atractivas rutas que parten da Casa da Costa do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, o denominado Camiño da Auga. Son dúas aceas restauradas que conservan a maquinaria que a veciñanza empregaba antigamente para moer o gran e facer pan. O enclave permite contrastar e gozar da conxunción dunha actividade vital na historia local e da forza da fermosa paraxe natural ribeirense.

parroquia de Carreira
Accesibilidade: Non practicable para persoas con mobilidade reducida.
686587000 / 981873007