Unha vila de postal
Todo en Corrubedo ten imaxe de postal. Tamén a pequena vila mariñeira. A súa historia é unha máis das moitas que salpican a costa galega sobre o peso fundamental da actividade pesqueira e de industrias auxiliares como a de salgadura. Pero aquí o excepcional contorno permitiu enriquecer o topónimo de xeito exponencial. Rúas, casas típicas e porto conservan a esencia da poboación tradicional mariñeira galega.
Ao sur, con forma de enseada, asoma a apracible praia do Prado, resgardada pola vila e vexetación baixa.
Máis alá, na punta do cabo, no extremo máis occidental da península, emerxe poderoso o emblemático Faro de Corrubedo.