De aspecto virxe e salvaxe, é o principal areal do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, e atópase rodeado por vexetación dunar, bosques e hortas.

Ten forma rectilínea, con area branca, fina e protexida. O vento e a forte ondada favorecen as condicións para practicar deportes como surf ou windsurf. Hai correntes e resaca forte nos momentos de marea baixa.

Lonxitude da praia: 750 metros
Anchura media: 40 metros
Ondada: forte
Tipo de area: branca e fina
Ocupación tempada estival: alta
Servizos: Auga Potable | Accesibilidade Persoas Mobilidade Reducida | Equipo de Salvamento | Aseos Persoas Mobilidade Reducida | Servizo de Limpeza | Duchas | Papeleiras | Deportes Acuáticos | Aseos | Aparcamentos Persoas Mobilidade Reducida | Aparcamento | Posto de Socorro | Sinalización | Teléfono Público