Educación ambiental no Parque Natural
Ideado como un museo interpretativo dirixido a ensinar a riqueza ecolóxica e natural de Corrubedo, foi construído ao lado da coñecida Casa da Costa, o punto de recepción de visitantes do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. Trátase dunha instalación para a educación ambiental de singular construción, cunha área con cuberta transparente en forma de arco. Acolle esencialmente mostras de temática relativa ao ecosistema do parque natural ou a outros ecosistemas costeiros.
Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. Lugar do Vilar, parroquia de Carreira
Horarios: Inverno: de martes a venres de 10:30 a 14.00 horas e o sábado e domingo de 9:30 a 14:00 horas e de 15:00 a 17:30 horas. Verán: de martes a domingo de 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas.
Prezo: gratuito
Idiomas: español y gallego
981878532
Accesibilidade: practicable para persoas con mobilidade reducida.
Más información: