O corazón de Ribeira

Está considerado o porto de baixura máis importante de España. De feito chega a mover a través da súa moderna lonxa máis de 40 millóns de quilos de capturas ao ano. Ata o século XVII non tiña moito peso na rexión, pero a finais do XVIII era xa un dos máis destacados peiraos pesqueiros de Galicia. Hoxe teñen base neste porto máis de 250 embarcacións de arrastre, cerco, palangre e artes menores. Integrado completamente na área urbana de Santa Uxía de Ribeira, toda a súa fronte é utilizada como paseo. A envergadura e vitalidade deste porto correspóndese co feito de que o mar sexa indubidablemente a principal base económica da localidade.

avenida del Malecón, Santa Uxía de Ribeira