CAMIÑO DOS MITOS E LENDAS CON TONHITO DE POI, EDICIÓN II.

Nesta segunda edición do roteiro "Camiño dos Mitos e Lendas con Tonhito de Poi", o público terá a oportunidade de realizar cun percorrido que promete ser unha experiencia chea de sorpresas. O traxecto discorre por unha contorna natural que ofrece unhas vistas impresionantes e tamén a oportunidade de descubrir vestixios do pasado que son testemuñas de historias fascinantes.

A narración destas historias, que forman parte do rico patrimonio cultural de Ribeira, un ano máis, estará a cargo de Tonhito de Poi, recoñecido polo seu carisma e habilidade para contar historias. Tonhito guiará aos participantes a través desta viaxe, facendo que cada relato cobre vida dunha maneira especial.

 

 

DATOS DE INTERESE DO PERCORRIDO

O percorrido é un traxecto de 2 km, deseñado para unha experiencia sen complicacións, a partir dos 6 anos. Este traxecto ten unha duración aproximada de 1,5 horas para ofrecer unha experiencia relaxada cun nivel de dificultade medio-baixo.

HORARIO E CRONOGRAMA

De 18.30h a 21.30 h (o horario varía en función das horas do solpor)

12 de abril

3 e 24 de maio

21 de xuño

 

CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

1. Reserva de praza: hai 60 prazas dispoñibles para cada roteiro. Trátase do mesmo roteiro e para participar é imprescindible realizar unha reserva previa. As reservas pódense realizar a través do teléfono 981 873 007 ou na oficina de Turismo do Malecón de Ribeira. O lugar de saída será desvelado no momento da reserva.

2. Entradas nominativas: as entradas son persoais e intransferibles, é dicir, cada entrada está asignada a un participante específico. Non se permitirá a participación de persoas que non estean rexistradas cunha entrada nominativa.

3. Límite de participación: cada participante poderá inscribirse nun único roteiro, dado que os catro roteiros programados son idénticos. Isto establécese para garantir unha experiencia máis enriquecedora e organizada para todos os participantes.

4. Confirmación de asistencia: recoméndase confirmar a asistencia con antelación, xa que as prazas son limitadas e asignaranse por orde de reserva.

Ao realizar a reserva, acéptanse estas condicións de participación.

Camiño Mitos Lendas 25 cartel Listo
Data
Calendario sábado, 21 xuño 2025 Tempo 18:30  -  21:30