Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital

No medio da paisaxe natural da parroquia de Artes levántase este proxecto-sede da Fundación Museo de Artes para a colección, catalogación, estudo e difusión da arte gráfica dende as súas orixes. Esta estruturado en dúas áreas principais, o denominado Gabinete de Estampas e tres salas de exposicións abertas ao público, ademais de biblioteca e sala de conferencias. Os seus fondos reúnen decenas de miles de estampas ordenadas por escolas (flamenca, española, italiana, alemana…) e recompilan as técnicas artísticas dende o século XV ata a actualidade, con gravados orixinais, gravados sobre placas orixinais realizados posteriormente ou reproducións facsimilares. A colección amosa sinaturas tan importantes como Goya, Dalí, Laxeiro, Picasso, Rubens, Van Dick ou Nóvoa.

lugar de Outeiro, s/n, parroquia de Artes
Horarios: Inverno: (do 15 de outubro ao 30 de abril) de martes a sábado de 9:30 a 16.00 horas. Festivos: aberto de 10:00 a 13:00 horas. Verán: (do 1 de maio ao 14 de outubro) de martes a sábado de 09:00 a 16.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas. Festivos: aberto de 10.00 a 13.00 horas
Prezo: acceso gratuito
Idiomas: español y gallego
Accesibilidade: Parcialmente practicable para persoas con mobilidade reducida.