Unha pedra con forma de ra coroa este impoñente lugar
Este lugar quedará gravado nas retinas. Desde o alto do monte Castro, a 213 metros sobre o nivel do mar, pódese tomar aire e gozar intensamente das vistas das famosas dunas e do cabo de Corrubedo, a desembocadura da Ría da Arousa ou a Illa de Sálvora. Unha enorme pedra con forma de ra dá nome a este lugar.
Enmarcado na ruta accesible para persoas con dificultades de visión, este miradoiro conta cos elementos necesarios para que os/as viaxeiros/as teñan unha marabillosa experiencia sensitiva, fronte ao Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.
Parroquia de Carreira
Accesibilidade: practicable para persoas con mobilidade reducida
686587000 / 981873007
Más información: