A memoria dos emigrantes que partiron a terras americanas

Levántase sobre unha gran rocha no porto pesqueiro de Palmeira e na cima atópase o monumento ao Emigrante, testemuña da importancia que tivo nesta vila o éxodo  a terras americanas noutra época. O drama da emigración non pasou desapercibido en Ribeira.

Desde aquí poderemos contemplar as illas de Rúa e de Arousa, a vila mariñeira de Palmeira e o seu porto, que mantén a súa estrutura orixinal do século XVIII case intacta, a praia do Baluarte, restos dunha antiga fábrica de salgadura e a Igrexa de San Pedro.

Accesibilidade: Non practicable para persoas con mobilidade reducida
686587000 / 981873007