Referencia mundial en pesca de baixura

É o punto de orixe dunha gran rede de comercialización que chega bastante máis alá das fronteiras da Unión Europea. A lonxa de Ribeira é presentada habitualmente como unha das de maior peso dentro de España e a máis importante de Europa especificamente para a pesca de baixura. Lirio, xurelo, xarda, pescada ou sardiña abundan nesta rula. O moderno edificio leva a sinatura do prestixioso arquitecto galego César Portela xunto co estudo Díaz&Díaz Arquitectos. A frenética actividade do porto de Ribeira outorga a esta lonxa un gran atractivo turístico.

Praza do Porto, s/n, Santa Uxía de Ribeira
Accesibilidade: Practicable para personas con movilidad reducida