OBRADOIRO DE ASTRONOMÍA: trátase dun taller formativo onde se explica a mecánica celeste: o movemento da Terra, o sistema solar e a galaxia. O ecuador celeste e a eclíptica. Os cometas, satélites e outros obxectos. Neste taller o público aprenderá sobre as estrelas obxectivo para saber cómo orientarse no ceo, as súas constelacións e cómo cambia o ceo ao longo dos meses. Usarán tamén as ferramentas para escoller a noite: Stellarium,Heavens-above, planisferios, Guías físicas e aplicaciónsmóbiles de interese, e como usalas. Realizaremos unha introducción aos materiais básicos de observación, e daranse consellos de observación edivulgación
Os principais obxectivos deste taller son comprender as bases do funcionamento do ceo; coñecer e identificar as estrelas e constelacións principais para poder comezar a observar e aprender a utilizar as ferramentas para continuar aprendendo e observando por conta propia.
Día: 14 de xuño
Hora: 22 h a 00.30 h (horario aproximado)
Lugar: Centro Social de Oleiros e campo de fútbol
INICIACIÓN ASTRONÓMICA: nesta actividade as persoas participantes viaxan da man dun guía astrónomo divulgador e dunha Deusa lexendaria, para coñecer e aprender a orientarse coas estrelas máis brillantes, unir constelacións e descubrir as historias escritas no ceo. Trátase de que o público teña unha noite inesquecible, que dará a base para desfrutar observando, asentar as bases para continuar polos seus propios medios, e pasar momentos en familia.
AGUIÑO
Día: 13 de xullo
Hora: 22.30 a 00.00 h (horario aproximado)
Lugar: punto de encontro Miradoiro de Couso.
CORRUBEDO OU OLVEIRA
Día: 24 de agosto
Hora: 22.30 a 00.00 h
Lugar: praia da Ladeira ou duna de Olveira
CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN E RESERVAS
- Para que todas as persoas poidan gozar do Camiño das Estrelas é importante ter en conta o seguinte:
As actividades son independentes podendo escoller:
OPCIÓN A) OBRADOIRO ASTRONOMÍA (Oleiros)
OPCIÓN B) OBRADORIO ASTRONOMÍA + INICIACIÓN ASTRONÓMICA (elexir Aguiño ou Olveira)
OPCIÓN C) INICIACIÓN ASTRONÓMICA (elexir Aguiño ou Olveira)
2. As reservas poden facerse a través de:
- Teléfono: 981 873 007 (de luns a venres de 10 h a 14h )
- Correo electrónico: turismo@ribeira.gal indicando en asunto "inscrición Camiño das Estrelas"
- Na Oficina de Información e Turismo (OMIT) situada no Malecón de Ribeira (de luns a venres de 10 h a 14h )
- Para participar é necesario realizar unha reserva facilitando os seguintes datos:
- Nome e apelidos
- Documento Nacional de Identidade (DNI)
- Número de teléfono
- Dirección de correo electrónico
- Procedencia
4. É importante proporcionar toda a información solicitada para garantir a correcta xestión da reserva.
5. A confirmación da reserva estará suxeita á dispoñibilidade nas datas solicitadas.
6. Recoméndase realizar as reservas con suficiente antelación para asegurar a dispoñibilidade.