Dous grandes animais correndo en liberdade

Trátase dunha das primeiras manifestacións de arte rupestre que se deu a coñecer na Península do Barbanza. Unha rocha granítica de gran tamaño que amosa gravadas dúas imaxes zoomórficas, concretamente dous cérvidos, macho e femia, con trazos moi esquematizados. Cada animal presenta seis patas, o que podería supoñer un intento de representar as figuras en movemento. Os expertos sitúan este gravado entre as idades de Cobre e Bronce. Só se pode acceder ata este punto a pé, a través dunha pista forestal.

Figueirido, Parroquia de Palmeira
Accesibilidade: Non accesible para persoas con mobilidade reducida.
686587000 / 981873007